O concerto de La Gran Pegatina no Festival SonRías Baixas 2016 está nomeado aos Iberian Festival Awards, na categoría de mellor actuación nacional. A segunda edición destes premios, nos que compiten eventos de España e Portugal, sumou 10.000 votos nun total de 10 categorías. Os gañadores recibirán o seu galardón nunha gala que terá lugar o próximo 16 de marzo no MACBA, o Museo de Arte Contemporánea de Barcelona.

Os Iberian Festival Awards están organizados pola Associaçao Portuguesa de Festivais de Música (Aporfest) en colaboración con UK & European Festival Awards, que promove Festival Awards, Ltd.