HEXANY
Rock alternativo recén saído do forno

Hexany é un grupo de rock alternativo formado na Coruña a principios de 2012. Unha proposta atrevida que antepón a calidade e o sentimento a calquera tipo de norma. Arrolados nos brazos da música clásica e guiados polas inquietudes e curiosidades que ofrece o mundo das artes, os novísimos integrantes de Hexany apostaron por un xénero ecléctico, carente de barreiras, que lles permite construír o seu propio camiño no mundo do rock alternativo. Chegan ao SonRías como flamantes gañadores do concurso Sonidos Mans.

Hexany é a evolución de Colormind, un proxecto anterior dos seus dous guitarristas, que decidiron fichar un baixista e un batería para darlle un verdadeiro son rock á súa música. Todos os membros de Hexany estudaron no Conservatorio Profesional da Coruña pero despois seguiron camiños diferentes, como o jazz, o ska, o folk ou a música clásica; o cal lles achega puntos de vista moi diferentes que logo plasman na súa música. Na súa curta traxectoria, tocaron en diferentes salas de Galicia, gravaron dous EP e foron gañadores do III Concurso de Grupos do Festival Arteficial de Ribadavia e do Premio á Mellor Banda Local do XV Concurso de Maquetas de CuacFM na Coruña.

Máis información: Facebook | Twitter | Bandcamp

Formación
David Ferreiro: Guitarra y voz
Manu Vázquez: Bajo
Abraio Piñán: Guitarra
Miguel Vieites: Batería

Discografía
Colormind EP
Ayo Falemi EP
En estos momentos, ultiman los detalles de su primera grabación en acústico en los Estudios Mans.