MAD PROFESSOR
Un artista clave da Historia do dub

Produtor e remesturador de cabeceira de artistas de renome mundial, Mad Professor é un dos magos de estudo máis coñecidos da historia. Produciu a artistas da talla de Sly & Robbie (a base rítmica de Bob Marley e da maioría dos artistas de reggae máis coñecidos), Sade, Massive Attack ou o mesmísimo Lee “Scratch” Perry, con quen gravou varios discos.

Nado Neil Joseph Stephen Fraser en Güiana, Mad Professor é unha das grandes figuras da segunda xeración do dub. Emigrou a Londres aos 13 anos e alí entrou en contacto coa activa escena da música jamaicana. Pronto crearía o seu propio estudo, Ariwa Sounds, que foi un auténtico sementeiro de artistas de reggae e dub. O seu proxecto máis coñecido é No Protection, brillante reinterpretación dos temas do segundo álbum de Massive Attack, Protection, pero tamén é coñecido polos seus discos como artista, entre os que figuran con letras de ouro as súas míticas series “Dub Me Crazy” e “Black Liberation Dub”.

Máis información: Web | Facebook | Twitter | Youtube

Discografía
1982 Dub Me Crazy!!
1985 a caribbean taste of technology
1993 dub maniacs on the rampage
1995 No Protection
1996 dub take the voodoo out of reggae
1997 Dub You Crazy with Love
1998 dubtronic
2003 ruhani oyun havaları
2005 duble oryantal
2011 Frente Cumbiero Meets Mad Professor
2015 Black Ark Classics in Cub