THE SOUL BREAKERS
Swing, Funk, Soul, Rhythm&Blues e Rock de novo cruño

Os pontevedreses The Soul Breakers son carne de directo. O seus compoñentes -con amplas traxectorias no mundo da música- xúntanse no 2014 para compartir co público un novo son. O seu repertorio bota man de sonoridades como swing, funk, soul, rhythm & blues ou rock para ofrecer un espectáculo intenso, cheo de forza, expresividade e matices. Chegan ao SonRías Baixas como gañadores do Concurso Sonidos Mans.

Máis información: Facebook | Bandcamp | Instagram | Youtube

Formación
Bea Mazaira: voz
Juan Pablo Charlo: guitarra
Sara Martínez: saxo
Jesús Vidal: baixo
Ernesto Belín: batería