Das Rías Baixas para o mundo. A promoción do destino turístico Rías Baixas chegou esta mañá a Madrid, onde foi presentada ante xornalistas especializados e representantes do sector turístico. A campaña leva por lema “Por moitas razóns” e queda simbolizada nas matrioskas que decoraban o evento e que resumen as razóns para visitar as Rías Baixas: “camiñar” (coas rutas xacobeas), “festexar” (os festivais), “saborear” (enoturismo) e, en definitiva, “descubrir”.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou que os festivais das Rías Baixas suman “boa música coa gastronomía e paraxes naturais espectaculares” e lembrou que este verán as citas son 8+1: Atlantic Fest, Cultura Quente, Portamérica, Sinsal Son Estrella Galicia, SonRías Baixas, O Marisquiño, Revenidas, Vive Nigrán, e Festival Cidade Europea do Viño. Jordi Lauren, director do SonRías Baixas, explicou que “a programación dos festivais esténdese durante tres meses”, entre xuño e setembro, e recalcou a alta calidade dos eventos.

Una interpretación de Teo Cardalda ao piano puxo o broche á presentación e Silva concluíu animando a todos a visitar as Rías Baixas: “É un lugar máxico; quedarán marabillados”.