Os Estopa estarán no SonRías Baixas 2017. Os irmáns Muñoz son os creadores dun estilo musical propio, o Rumba Rock, que leva 17 anos conquistando a millóns de fans, dentro e fóra de España, e ao que pertencen algunhas das bandas máis queridas polo público do Festival de Bueu. Os Estopa suman a súa particular mistura de rumba, rap, reggae, rock, bolero e salsa a un cartaz no que xa estaban confirmados os arxentinos Todos Tus Muertos, Amparanoia, SES, Narco e o proxecto persoal do cantante de El Puchero del Hortelano, ARCO. Para celebralo, acabamos de poñer á venda 500 entradas a un prezo especial 32 €. Recordade que aínda quedan nomes por desvelar!

La raja de tu falda, Poquito a poco, El del medio de Los Chichos, Como Camarón, Partiendo la pana, Vino tinto, El Run Run… os irmáns David e Jose Muñoz, Estopa, son autores de moitos dos grandes hits dos últimas décadas no Estado español. O seu último disco, Rumba a lo desconocido, producido co gañador de 12 Grammy Rafa Sardina, subiu tamén axiña ao Nº1 en vendas, conseguindo o dobre disco de Platino e colgando o cartel de “Todo vendido” nos seus concertos de España e América. O vindeiro mes de agosto porán a cantar e bailar ao público do SonRías Baixas coa súa música alegre e festiva, capaz de unir a persoas de todas as idades e condicións.