A Experiencia SonRías fórmaa un ecosistema no que se unifica unha localización urbana e natural cunha completa programación musical e cultural. Desde a zona de acampada á beira da praia ás propostas musicais e gastronómicas, todo se combina de tal forma que se creará unha experiencia única para todos os asistentes ao SonRías Baixas.

A festa comezará o xoves 3 de agosto co concerto dos Pedrá. Tributo a Extremoduro e máis co Dj SonRías.

O venres 4 serán a alegría mestiza de Amparanoia, a forza combativa de Sés, o punk-reggae dos arxentinos Todos Tus Muertos, o rock combativo dos sevillanos Narco e o ska dos Dakidarría os encargados de pór a bailar ao público.

O sábado 5 de agosto encherán o escenario do SonRías a rumba festiva dos Estopa, a delirante combinación de ska, punk, reggae, dub e folclore dos bosníacos Dubioza Kolectiv, a descarga enerxética dos valencianos Zoo, o rock con acento flamenco do proxecto persoal do cantante do Puchero del Hortelano, Arco, e o Dj SonRías.

Pero, vós xa o sabedes, o SonRías Baixas é moito máis.

Gastronomía - SonRías Baixas
Playas - SonRías Baixas
Menores - SonRías Baixas 2017
SonRías Baixas
Artistas - SonRías Baixas
Skull - SonRías Baixas
Acampada - SonRías Baixas
Naturaleza - SonRías Baixas
Curtas - SonRías Baixas

Por iso, ademais das necesarias indicacións sobre como chegar ao recinto, ofrecémosvos aquí información sobre outras actividades que completan o programa de concertos, coa intención de converter para vós a fin de semana do SonRías nunha experiencia inesquecible.