Aviso Legal

Aviso legal

Este Aviso Legal contén as Condicións de Uso do sitio web http://www.sonriasbaixas.info que a organización do Festival SonRías Baixas pon a disposición das persoas usuarias de Internet. O acceso e utilización dos contidos deste sitio web supoñen a aceptación destas condicións xerais.

01. INFORMACIÓN XERAL
En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información (LSSI), infórmase que a entidade titular do sitio web é a Promotora (Piamaqui S.L.). Contacta.

A Promotora resérvase a facultade de modificar sen previo aviso esta Política de Privacidade para mantela adaptada á legislación vixente. En tales casos, anunciaranse neste sitio web os cambios introducidos co fin de que poidan ser coñecidas polo Usuario.

02. PROPIEDADE INTELECTUAL
A Promotora posúe dereito de uso dos contidos desta web. Por iso, só autoriza expresamente a reprodución destes contidos para a difusión do Festival SonRías Baixas. Esta autorización non inclúe a reprodución, utilización ou transformación destes contidos, cando sexa con finalidade comercial ou lucrativa ou contraria á lei, moral, ética ou orde pública ou cando puidese lesionar os intereses, prexudicar a imaxe da Promotora ou de terceiros lexítimos. Calquera outro uso debe ser previamente consultado e autorizado.

Queda expresamente autorizado o establecemento por parte de terceiros de ligazóns a esta páxina web, sempre que estas ligazóns non teñan finalidade comercial nin lucrativa. As ligazóns establecidas por terceiros deberán permitir coñecer á persoa usuaria que accede á páxina web do Festival SonRías Baixas e deberán facer visible necesariamente o URL correspondente a esta páxina web. O establecemento de ligazóns por parte de terceiros non implica a existencia de ningún tipo de relación entre eles e a Promotora.

O deseño do portal e os seus códigos fonte, así como os logos, marcas e demais signos distintivos que aparecen no mesmo pertencen á Promotora e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.

Independentemente da finalidade para a que fosen destinados, a reprodución total ou parcial, uso, explotación, distribución e comercialización, require en todo caso da autorización escrita previa por parte do prestador. Calquera uso non autorizado previamente por parte do prestador será considerado un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual e industrial do autor.

03. PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS
En cumprimento da Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase que por medio deste sitio web recóllense datos de carácter persoal necesarios para responder a consultas, suxestións, informacións e para prestar determinados servizos: concursos, boletíns informativos, etc. Estes datos serán gardados nun ficheiro propiedade da Promotora e, fóra dos casos legalmente establecidos, non serán comunicados nin cedidos a terceiros sen o voso consentimento expreso.
En todo caso, podedes exercer o voso dereito de acceso, rectificación ou cancelación dos devanditos datos en calquera momento, dirixíndovos por escrito e achegando fotocopia do DNI a través do correo electrónico festival@sonriasbaixas.info.

04. LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE
Os contidos deste sitio web ofrécense cunha finalidade informativa e divulgativa. A organización do Festival SonRías Baixas exímese de calquera responsabilidade, directa ou indirecta, que puidese derivarse do uso ou aplicación da información desta web fóra dos seus propósitos e do uso que terceiros fagan da información publicada no portal, nin tampouco dos danos sufridos ou perdas económicas que, de forma directa ou indirecta, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso da devandita información.

As ligazóns ou contidos de terceiros que aparecen neste sitio web facilítanse coa finalidade de ampliar a información. A súa inclusión non implica a aceptación destes contidos, nin a asociación de SonRías Baixas cos responsables das devanditas páxinas web, polo que se rexeita toda responsabilidade en relación cos mesmos e tampouco responde pola legalidade doutros sitios web, así como polos danos que puidesen causarse por calquera motivo no seu sistema informático, documentos ou ficheiros.

A pesar de tomar todas as precaucións necesarias, a Promotora non pode garantir a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso á web ou ao seu contido, nin que este se atope en actualización permanente, sen imprecisións ou inexactitudes. A organización do Festival levará a cabo, axiña que teña noticia dos erros, desconexións ou falta de actualización, todos aqueles labores tendentes a emendar os devanditos erros, restablecer a comunicación e actualizar os contidos, sempre que non concorran causas que o fagan imposible ou de difícil execución.

En sonriasbaixas.info poida que se mencionen de forma indirecta e a nivel informativo algúns termos e logotipos que constitúen marcas rexistradas polos seus respectivos propietarios, non facéndonos responsable da utilización inadecuada que puidesen facer terceiras persoas respecto de ditas marcas.

05. MODIFICACIÓNS E ACTUALIZACIÓNS
A Promotora resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida neste sitio web, da configuración, dispoñibilidade e presentación desta, así como das presentes Condicións de Uso.

06. COOKIES
En cumprimento da Directiva Europea 2009/136/CE, informámoslle que o noso sitio web colocará cookies no seu computador para axudar a mellorar a navegación na súa web e obter datos estatísticos. Ao usar a nosa páxina web, vostede acepta o uso das cookies, tal e como se detalla abaixo:

As cookies son pequenos arquivos de texto que se descargan ao seu navegador mentres usa Internet. Son usados polos promotores de páxinas web para axudar aos Usuarios a navegar por ditas páxinas web de maneira eficiente e así poder executar certas funcións. Debido a que o seu papel central é mellorar/posibilitar o uso ou os procesos da páxina web, inutilizar as cookies poderíaa impedir aos Usuarios executar certas funcións da nosa páxina Web.

As cookies créanse cando o navegador do Usuario carga algunha páxina web en particular. A páxina web manda información ao navegador o cal crea un arquivo de texto. Cada vez que o Usuario volve á mesma páxina web, o navegador recupera e envía este arquivo ao servidor da páxina web. As cookies non conteñen ningunha información que identifique a persoa.

Utilizamos certas cookies que son esenciais para o correcto funcionamento da páxina Web. Esta categoría de cookies inclúe aquelas que permiten aos servidores da páxina web determinar se vostede está dentro ou fóra do sistema, responder as accións mentres está dentro do sistema e configurar o idioma da páxina web segundo a súa localización. En consecuencia, algúns servizos proporcionados por este sitio web non lle serán accesibles se non permite a descarga de ditas cookies no seu navegador.

Así mesmo, utilizamos as Cookies de Google Analytics, que leva a cabo análises estadísticas. Utilizamos esta cookie para controlar e avaliar o uso da nosa páxina Web (como o uso do navegador, a cantidade de novos visitantes e as respostas ás actividades de mercadotecnia) Isto axuda a informar de calquera melloría realizada na páxina Web. Salientamos que isto non contén ningunha información que o identifique persoalmente. No entanto, pode optar por desactivar as Cookies de Google Analytics. Alternativamente, case todos os navegadores (Internet Explorer, Firefox, Google Chorme, Safari, etc) lle permiten cambiar as configuracións para bloquear ou eliminar as cookies. Como citamos anteriormente, se bloquea todas as cookies da páxina Web algunhas funcións da mesma quedan sen efecto.

A Promotora pode modificar esta Política de Cookies en función de esixencias lexislativas, regulamentarias, ou coa finalidade de adaptar dita política ás instrucións ditadas pola Axencia Española de Protección de Datos.

Notas adicionais
Nin esta web nin os seus representantes legais se fan responsables nin do contido nin da veracidade das políticas de privacidade que poidan ter os terceiros mencionados nesta política de cookies.

Os navegadores web son as ferramentas encargadas de almacenar as cookies e desde este lugar debe efectuar o seu dereito a eliminación ou desactivación das mesmas. Nin esta web nin os seus representantes legais poden garantir a correcta ou incorrecta manipulación das cookies por parte dos mencionados navegadores.

Nalgúns casos é necesario instalar cookies para que o navegador non esqueza a súa decisión de non aceptación das mesmas.

No caso das cookies de Google Analytics, esta empresa almacena as cookies en servidores situados en Estados Unidos e comprométese a non compartila con terceiros, excepto nos casos nos que sexa necesario para o funcionamento do sistema ou cando a lei obrigue para ese efecto. Segundo Google, non garda a súa dirección IP. Google Inc. é unha compañía adherida ao Acordo de Porto Seguro que garante que todos os datos transferidos serán tratados cun nivel de protección acorde á normativa europea. Pode consultar información detallada a este respecto en esta ligazón. Se desexa información sobre o uso que Google dá ás cookies achegámoslle estoutra ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta acerca desta política de cookies non dubide en comunicarse connosco a través da sección de contacto.