SRB2012_lapegatina_barco

O SonRías ten lugar no Recinto Multiusos da Estacada, rúa Pazos Fontenla 55, de Bueu. O código postal é 36930 e as coordenadas GPS: 42.324374, -8.786007.

EN TREN
Se queres vir en tren, as estacións máis próximas ao SonRías son as de Vigo e Pontevedra. Desde esta última podes coller un autobús que te levará directamente a Bueu.

EN AUTOBÚS
Se queres vir en autobús, as principais estacións de destino son as estacións de Vigo e Pontevedra. Desde esta última podes coller un autobús, Monbus, que te levará directamente a Bueu.

EN COCHE
Tede en conta que as prazas de aparcadoiro son limitadas, polo que vos recomendamos que veñades os máximos amigos posibles nun mesmo coche.

EN AVIÓN
Bueu atópase a tan só 30 minutos (33km), do aeroporto de Vigo, desde o que hai unha conexión directa coa estación marítima, a través da liña L9A de autobuses Vitrasa.
Distancia dos outros aeroportos galegos a Bueu:
Aeroporto de Santiago de Compostela (96km) – 1 hora
Aeroporto da Coruña (148km) – 1 hora 40 minutos

EN BARCO
Se ves desde Vigo, o mellor é que collas o barco ata Cangas e desde o mesmo embarcadoiro atoparás buses Monbus que saen con destino Bueu e que te deixarán a 200 metros do Festival. Consulta os horarios na web da naviera Mar de Ons.