FIC SonRías Baixas

O SonRías Baixas incorpora, un ano máis, outras disciplinas como o audiovisual, froito dunha colaboración co FICBUEU e a través da cal se poderán visionar seis curtametraxes de temática musical elixidas especificamente para o festival. A cita é o sábado a partir das 17h30 no Centro Social do Mar de Bueu, a entrada será libre e gratuíta e os títulos son os seguintes:

  • Freddie (Andy Bausch. Luxemburgo, 2016) combina elementos biográficos e expermientais para retratar a dobre vida do excepcional Freddie Mercury
  • Cigarbox blues (Christopher Kaufmann. Alemania, 2017) é a historia de dúas guitarras, tres acordes e o comezo dunha amizade.
  • Estribillo (César Tormo. España, 2016). Ás veces, os fillos non cumpren as expectativas paternas. Outras veces, supéranas.
  • Superpunky, el musical (Pablo Cacheda. España, 2016). Ao longo da vida, a amizade (e os gustos musicais) evolucionan. Ou non.
  • Jarama (Alberto Pla. España, 2017) Boikot produce esta historia sobre a relación entre a música e a memoria histórica.
  • Zarpazo (Nerea Castro. España, 2016) Mar e Xara atópanse nun monte remoto, todo está preparado para dar o salto á clandestinidade.