O SonRías é un Festival con sorte que se celebra nun contorno privilexiado.

O Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia está composto polos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada e as aguas marítimas dos seus entornos naturais. Todas estas Illas teñen unhas costas moi abruptas e irregulares, que forman parte dunha gran cadea montañosa que afundiu no mar fai varios millóns de anos. A Illa de Ons, moi próxima ao Festival, forma un destes arquipélagos. Tedes máis información aquí.

Outra marabilla da natureza que se atopa moi próxima ao SonRías é Cabo Udra. Se te escapas ata alá para dar un paseo sentirás a frescura do vento no rostro, ollarás a forza do mar batendo contra os cantís e somerxeraste nun paraíso de praias salvaxes. Contámosche máis detalles deste espazo de gran valor ecolóxico e etnográfico, aquí.

En Bueu aínda toparedes moito máis:

RUTA DOS ABADES

Non deixedes pasar a oportunidade de explorar a vila e os seus arredores. Aquí tedes o Inventario Turístico publicado polo Concello, por se queredes organizarvos con tempo.