PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

O Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia está composto polos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada e as aguas marítimas dos seus entornos naturais. Todas estas Illas teñen unhas costas moi abruptas e irregulares (cantís depósitos arenosos), que forman parte dunha gran cadea montañosa que  afundiu no mar fai varios millóns de anos.  A Illa de Ons forma un dos arquipélagos que completan a Illa de Onza e varios illotes que rodean a costa: A Freitosa y A Freitosa de Terra, O Centolo, O Cairo, A Laxe do Abade, A Pedra do Fedorento, A Illa do Xuvenco o O Cón dos Galos.

O ecosistema marítimo-terrestre do arquipélago de Ons está baixo a figura de Parque Natural e ten unha importante colonia de aves mariñas, así como uns fondos moi ricos en vida. As correntes das Rías Baixas provocan unhas augas moi ricas en nutrientes e osíxeno que propician unha riqueza biolóxica abundante.

A fauna que hai en Ons, é, sobre todo, de matogueira: brezos, endrinos, fentos, hiniestas, xestas e toxos. A vexetación arbórea redúcese a salgueiros e alisos nos pequenos cursos de auga, e en menor medida, algún exemplar de eucalipto, piñeiro e carballo. Aínda que agora Ons está deforestada no pasado estaba cuberta de especies autóctonas, coma o rebolo (Quercus pyrenaica), a sobreira ou a camariña (Corema album) nos areais.

A metade das praias están na parte oriental da Illa de Ons. Ordenadas de Norte a sur estaría: Melide (a máis grande e praia nudista),das Dornas (accesible pola parte norte do peirao), Area dos Cans (máis famosa e concurrida), Canexol (moi preto tanto do castro coma do cemiterio) e Pereiró (a praia máis meridional da Illa).

A Illa de Ons conta con numerosas actividades para poder coñecela a fondo e gozar ao máximo máximo adaptándose ao perfil de cada visitante. Entre elas están:

  • Turismo ecolóxico
  • Roteiros de sendeirismo
  • Aluguer de embarcacións
  • Relax e descanso
  • Avistamento de fauna

Para visitar a illa ou máis información:

Como chegar?: Naviera Mar de Ons, Piratas de Nabia

Máis información: Isla de Ons, Parque Nacional de las Islas AtlánticasConcello de Bueu

[Fonte: Isla de Ons]