Este ano no SonRías Baixas usaremos pulseiras cashless para acceder ao recinto e para pagar en todos os puntos de comida, bebida e merchandising. Será o único método de pago aceptado.

Podes precargar a túa pulseira antes do festival aquí mesmo. Durante o festival, poderás recargar nos puntos de recarga habilitados no recinto, tanto con efectivo como con cartón de crédito.

Se ao abandonar o festival segues tendo saldo na túa pulseira, poderás pedir a devolución en liña do teu diñeiro nesta mesma páxina, do 7 ao 12 de agosto. Lembra non tirar a túa pulseira ao final do evento, xa que necesitarás introducir o número de serie do chip para reclamar estas devolucións. O custo desta operación é de 1€ e o importe mínimo para solicitala é de 2€.