O concurso SonidosMans recibiu preto dun cento de maquetas chegadas de diferentes puntos de España. De feito, aproximadamente o 55% dos traballos recibidos son de fóra de Galicia. Sobre todo, de Madrid e de Andalucía. En canto aos estilos das maquetas, o maioritario é rock con 56 maquetas, seguido polo pop e polo pop-rock.

Se queredes participar e tentar conseguir o voso pase ao escenario do Festival SonRías Baixas (ou de calquera outro dos Festivais Rías Baixas: PortAmérica, SinSal Son Estrella Galicia, Revenidas, Atlantic Fest e O Marisquiño), tedes ata o próximo 28 de abril para enviar as vosas maquetas.

Como sabedes, os dez grupos ou artistas preseleccionados polo público serán valorados por un xurado profesional, que elixirá os dous gañadores que formarán parte do cartel do Festival e optarán á gravación dun EP en Estudios Mans.

Máis info