O Festival SonRías Baixas está nomeado a 5 categorías dos Iberian Festival Awards: mellor festival de mediano formato, mellor comunicación, mellor activación de marca (Superbock), mellor contribución á sustentabilidade e mellor directo, para a descarga de metal, rock e rap da mítica banda sevillana Narco, referencia imprescindible no rock español que encendeu o pasado verán o Multiusos da Estacada. É a segunda ocasión que o xurado destaca un dos directos do festival de Bueu como un dos mellores do ano en toda a península ibérica, despois do nomeamento de La Gran Pegatina na pasada edición.

O público decidirá agora, a través das súas votacións on-line, quen acadará os premios a mellor festival de mediano formato e mellor directo nacional. Un xurado profesional escolleará os gañadores das outras categorías. Despois, faranse públicos os 10 finalistas de cada categoría e o 15 de marzo publicaranse os gañadores, nunha gran gala en Lisboa. Esta é a terceira edición dos Iberian Festival Awards, uns premios que serven para recoñecer as mellores citas culturais do mercado portugués e español.