Se es un artista ou tes un grupo de rock ou de world music e che apetece gravar un EP e tocar no SonRías Baixas, esta é a túa oportunidade. Estudos Mans organiza, en colaboración cos Festivais Rías Baixas, o concurso de maquetas Sons Mans ao que poden presentarse todos aqueles artistas ou grupos que non teñan traballos anteriores editados e distribuídos de maneira comercial con fins lucrativos.

Se che interesa, presenta a túa canción (só se admite unha por artista ou grupo) aquí antes do 28 de abril. Necesitas un logo, un tema en formato .mp3 de calidade 128kbps e un tamaño máximo de 20Mb e moitas ganas de tocar!

Consulta as bases, aquí.