[:gl]

Oitenta pezas audiovisuais participan na primeira edición do Concurso de Videoclips Galegos, creado pola produtora cultural Play Plan Cultural -organizadora do Festival SonRías Baixas- e polo Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU) para promover a cultura musical galega.

Entre os videoclips recibidos abundan o rock, o punk, o rap, o ska e o metal, pero tamén hai oco para o pop, o folk, o trap, o indie e a electrónica. “Cómpre salientar”, aseguran dende a organización do certame, “a enorme calidade do audiovisual galego”. Un comité creado polo FICBUEU seleccionará ao longo das próximas semanas os finalistas, que se proxectarán durante os días do Festival SonRías Baixas e que serán valorados por un xurado composto por unha persoa da Academia Galega do Audiovisual, unha persoa da Asociación FICBUEU, unha persoa de Play Plan Cultural e dúas persoas das bandas participantes no SonRías Baixas 2018. Os gañadores recollerán o seu galardón: Primeiro premio ‘Ánfora de Ouro’, Segundo premio ‘Ánfora de Prata’ ou Terceiro premio ‘Ánfora de Bronce’ o sábado 8 de setembro durante o transcurso do XI Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.[:es]

Ochenta piezas audiovisuales participan en la primera edición del Concurso de Videoclips Gallegos, creado por la productora Play Plan Cultural -organizadora del Festival SonRías Baixas- y por el Festival Internacional de Cortometrajes de Bueu (FICBUEU) para promover la cultura musical gallega.

Entre los videoclips recibidos abundan el rock, el punk, el rap, el ska y el metal, pero también hay hueco para el pop, el folk, el trap, el indie y la electrónica. “Hace falta destacar”, aseguran desde la organización del certamen, “la enorme calidad del audiovisual gallego”.

Un comité creado por el FICBUEU seleccionará a lo largo de las próximas semanas los videoclips finalistas, que se proyectarán durante los días del Festival SonRías Baixas y que serán valorados por un jurado compuesto por una persona de la Academia Galega del Audiovisual, una persona de la Asociación FICBUEU, una persona de Play Plan Cultural y dos personas de las bandas participantes en el SonRías Baixas 2018. Los ganadores recogerán su galardón: Primer premio “Ánfora de Oro”, Segundo premio “Ánfora de Plata” o Tercer premio “Ánfora de Bronce” el sábado 8 de septiembre durante el transcurso del XI Festival Internacional de Cortometrajes de Bueu.[:]