KASE.O

KASE.O

 

Considerado con frecuencia o mellor rapeiro en lingua hispana do mundo, Kase.O é unha icona do hip hop no comercial español dende hai máis de 20 anos. O concerto que ofrecerá no 18º Festival SonRías Baixas será unha das poucas oportunidades no Estado para gozar con “El último tramo”, a xira de despedida de El Círculo, directo co que xa gozaron 500.000 persoas nos 52 concertos que ofreceu en 7 países por todo o mundo.

 

KASE.O

Soy poeta y viajo más que tus astronautas

El Círculo é a proposta máis persoal, sincera, valente e arriscada de Kase.O. Con ela,  Javier Ibarra -ex-integrante dos míticos Violadores del Verso- conseguiu un disco de ouro, foi nomeado aos Grammy Latino e bateu récords de asistencia en espazos paradigmáticos como o Wizink Center Madrid ou o Palau Sant Jordi Barcelona.

Novos estilos e sonoridades, facetas ocultas, máis rexistros que nunca, o rapeiro, produtor e compositor maño ábrese como nunca nunha proposta musical que transcende mesmo o propio xénero do hip hop, partindo do coñecemento absoluto do estilo para ir un paso máis aló.

El Círculo é unha viaxe ao redor da vida e das experiencias do seu protagonista. Unha viaxe sen principio nin fin, porque as rimas de Javat van ao infinito e máis aló. Kase.O, o tripulante desta nave extraterrestre, redefine -unha vez máis- a forma de facer rap na lingua de Cervantes… e xa van unhas cantas!

«Si manifestarse es un peligro y expresarse es un delito, ¿Qué ley? ¿Qué juez nos protege de los políticos?» (Esto no para)

Discografía

En solitario
El Círculo (2016)
Kase.O Jazz Magnetism (Coa banda de jazz JazzMagnetism) (2011)

Con Violadores del Verso
Cantando (2006)
Vivir para contarlo / Haciendo lo nuestro (2006)
Vicios y virtudes (2001)
Violadores Del Verso + Kase.O Mierda (EP) (2001)
Atrás (maxi) (2001)
Genios (1999)
Violadores del verso (EP) (1998)