Esta mañá asinamos un convenio de colaboración coa Asociación de Celíacos de Galicia en virtude do cal o SonRías Baixas vai ofrecer comida e bebida apta para as persoas celíacas nunha zona especialmente deseñada para garantir que os produtos e alimentos sexan totalmente seguros. Un selo certificado garantiralles ás persoas con celiaquía que todos os produtos que van atopar son seguros para elas, evitando a contaminación cruzada. No SonRías Baixas, o glute non vai a impedir que saltemos e cantemos como tolos en cada concerto.