[:gl]Amparanoia e SES, dúas mulleres con propostas musicais eclécticas e poderosas, protagonizan o primeiro avance do cartel da XV edición do Festival SonRías Baixas, que encherá de novo Bueu de festivaleiros os días 3, 4 e 5 de agosto de 2017. A compositora granadina Amparo Sánchez recalará en Galicia co proxecto musical que a lanzou á fama, Amparanoia, e coa maleta chea de cancións fronteirizas e coloridas que forman parte da banda sonora vital de toda unha xeración. Compartirá escenario coa bergantiñana María Xosé Silvar, SES, un auténtico fenómeno social que conquista ao público coa súa actitude rebelde e coa súa persoal mistura de música de raíz, rock, blues e canción de autor latinoamericana. A organización advirte que axiña dará novos nomes e recorda que as entradas están xa á venda, cun prezo especial de 22,50 € máis gastos os tres días de concertos, acampada incluída.

Amparo Sánchez retoma o proxecto musical que a lanzou á fama, Amparanoia, no 20 aniversario do seu primeiro álbum: El poder de Machín. E faino cunha xira que porá a cantar e a bailar ao público con temas que forman parte da banda sonora vital de toda unha xeración. Cancións fronteirizas e coloridas, como “Que te den” ou “La fiesta”, cheas de ritmos latinos, mexicanos, árabes, flamencos ou rumberos. Revolucionaria musical, estandarte internacional da fusión, premiada pola BBC, Amparo Sánchez é unha artista sempre comprometida que se caracterizou pola enerxía do seu directo, pola alegría que transmiten as súas letras e pola súa valentía á hora de mesturar diferentes tipos de sons: blues, soul, boleros, rancheiras, rumbas, música popular suramericana… En El poder de Machín, que cumpre agora 20 anos, mostra o seu lado máis latino e bohemio acompañada por artistas como Manu Chao ou Víctor Coyote. E, aínda que 20 anos non son nada, si son o mellor motivo para mirar o pasado sen nostalxia… Con alegría!

Unha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana. Esa é a marca da casa de María Xosé Silvar, SES, un auténtico fenómeno social que chega ao SonRías Baixas 2017 cun novo disco debaixo do brazo. Opoñerse á extinción é o cuarto álbum desta cantora bergantiñana, unha forza da natureza que conta cunha potente voz e cun estilo inconfundible cos que conquista a unha tropa de seguedoras e seguedores que converten en himnos as súas cancións, sempre enerxéticas e combativas. SES é puro xenio, inconformismo e paixón. E agora atrévese, ademais, a deixarlle máis espazo á cantareira que hai no seu interior e a introducir novas sonoridades. Este verán encherá o escenario do SonRías Baixas coas súas cancións de amor e de denuncia e coa súa honestidade, lucidez e rabia.

Obxectivo: mellorar a experiencia do público asistente

A particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do SonRías Baixas, que xa é toda unha referencia do verán en Galicia e no resto do Estado. Co slogan “de Festivaleiros para Festivaleiros” por bandeira, a organización artella cada ano unha completa programación musical que combina nomes consagrados e novas propostas e ofrécellela aos seus seguidores a uns prezos moi asequibles.

Este pasado verán, 16.500 persoas achegáronse ata a localidade do Morrazo para gozar coa música, a gastronomía e o audiovisual programados polo Festival, na que foi a edición máis exitosa e multitudinaria da súa historia e supuxo para Bueu unha inxección económica de 1.200.000 euros, chegándose ao pleno de ocupación hoteleira en toda a comarca e a bares e restaurantes da zona sen existencias. A maioría dos proveedores do Festival son da comarca e máis de 300 persoas traballan no evento, a maior parte, xente da vila.

A organización traballa agora, xunto co Concello, para mellorar a experiencia do público asistente, tanto dentro como fóra do Festival. Hostaleiros, comerciantes, institucións e organización esfórzanse por xestionar a enorme cantidade de xente que se achega á vila nos días que dura o evento, coa intención de que se sintan como na casa.[:es]Amparanoia y SES, dos mujeres con propuestas musicales eclécticas y poderosas, protagonizan el primer avance del cartel de la XV edición del Festival SonRías Baixas, que llenará de nuevo Bueu de festivaleros los días 3, 4 y 5 de agosto de 2017. La compositora granadina Amparo Sánchez volverá a Galicia con el proyecto musical que la lanzó a la fama, Amparanoia, y con la maleta llena de canciones fronterizas y coloridas que forman parte de la banda sonora vital de toda una generación. Compartirá escenario con la gallega María Xosé Silvar, SES, un auténtico fenómeno social que conquista al público con su actitud rebelde y con su personal mezcla de música de raíz, rock, blues y canción de autor latinoamericana. La organización advierte que pronto dará nuevos nombres y recuerda que las entradas están ya a la venta, con un precio especial de 22,50 € más gastos los tres días de conciertos, acampada incluida.

Amparo Sánchez retoma el proyecto musical que la lanzó a la fama, Amparanoia, en el 20 aniversario de su primer álbum: El poder de Machín. Y lo hace con una gira que pondrá a cantar y a bailar al público con temas que forman parte de la banda sonora vital de toda una generación. Canciones fronterizas y coloridas, como “Que te den” o “La fiesta”, llenas de ritmos latinos, mexicanos, árabes, flamencos o rumberos. Revolucionaria musical, estandarte internacional de la fusión, premiada por la BBC, Amparo Sánchez es una artista siempre comprometida que se caracterizó por la energía de su directo, por la alegría que transmiten sus letras y por su valentía a la hora de mezclar diferentes tipos de sonidos: blues, soul, boleros, rancheras, rumbas, música popular sudamericana… En El poder de Machín, que cumple ahora 20 años, muestra su lado más latino y bohemio acompañada por artistas como Manu Chao o Víctor Coyote. Y, aunque 20 años no son nada, sí son el mejor motivo para mirar el pasado sin nostalgia… Con alegría!

Una onda ecléctica que va del rock al blues pasando por la canción de autor latinoamericana. Esa es la marca de la casa de María Xosé Silvar, SES, un auténtico fenómeno social que llega al SonRías Baixas 2017 con un nuevo disco bajo el brazo. Opoñerse á extinción es el cuarto álbum de esta cantora gallega, una fuerza de la naturaleza que cuenta con una potente voz y con un estilo inconfundible con los que conquista a una tropa de seguidoras y seguidores que convierten en himnos sus canciones, siempre energéticas y combativas. SES es puro genio, inconformismo y pasión. Y ahora se atreve, además, a dejarle más espacio a la cantareira que hay en su interior y a introducir nuevas sonoridades. Este verano llenará el escenario del SonRías Baixas con sus canciones de amor y de denuncia y con su honestidad, lucidez y rabia.

Objetivo: mejorar la experiencia del público asistente

La particular mezcla de música, playa y gastronomía en un entorno privilegiado es una de las principales marcas de identidad del SonRías Baixas, que ya es toda una referencia del verano en Galicia y en el resto del Estado. Con el eslogan “de Festivaleros para Festivaleiros” por bandera, la organización monta cada año una completa programación musical que combina nombres consagrados y nuevas propuestas y se la ofrece a sus seguidores a unos precios muy asequibles.

Este pasado verano, 16.500 personas se acercaron hasta Bueu (Pontevedra) para disfrutar con la música, la gastronomía y el audiovisual programados por el Festival, en la que fue la edición más exitosa y multitudinaria de su historia y supuso para esta localidad del Morrazo, en plenas Rías Baixas, una inyección económica de 1.200.000 euros, llegándose al pleno de ocupación hotelera en toda la comarca y dejando a bares y restaurantes de la zona sin existencias. La mayoría de los proveedores del Festival son de la comarca y más de 300 personas trabajan en el evento, la mayor parte, gente de la villa.

La organización trabaja ahora, junto con el Ayuntamiento, para mejorar la experiencia del público asistente, tanto dentro como fuera del Festival. Hosteleros, comerciantes, instituciones y organización se esfuerzan por gestionar la enorme cantidad de gente que se acerca a la localidad en los días que dura el evento, con la intención de que se sientan como en la casa.[:]