[:gl]

SES
Toda a forza combativa do rock, o blues e os ritmos latinos

Unha onda ecléctica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana. Esa é a marca da casa de María Xosé Silvar, SES, un auténtico fenómeno social que chega ao SonRías Baixas 2017 cun novo disco debaixo do brazo. Opoñerse á extinción é o cuarto álbum desta cantora bergantiñana, unha forza da natureza que conta cunha potente voz e cun estilo inconfundible cos que conquista a unha tropa de seguedoras e seguedores que converten en himnos as súas cancións, sempre enerxéticas e combativas.

SES é puro xenio, inconformismo e paixón. E agora atrévese, ademais, a deixarlle máis espazo á cantareira que hai no seu interior e a introducir novas sonoridades. Este verán encherá o escenario do SonRías Baixas coas súas cancións de amor e de denuncia e coa súa honestidade, lucidez e rabia.

MáIs información: Web | Facebook | Twitter | Instagram | Youtube | Spotify

Formación
Maria Xosé Silvar SES – Voz, guitarra e percusión
Lucía Souto – Coros
Lucía Cela – Coros
Lucía Insua – Coros
Tito Calviño – Guitarra
Fernando Fraga – Baixo
Lorena Cachito Martín – Batería
Benjamín Chicho Cordero – Percusión

Discografía
2011 Admirando a condición
2013 Co xenio destrozado
2015 Tronzar os valos
2016 Opoñerse á extinción

[:es]

SES
Toda la fuerza combativa del rock, el blues y los ritmos latinos

Una ola ecléctica que va del rock al blues pasando por la canción de autor latinoamericana. Ésa es la marca de la casa de María Xosé Silvar, SES, un auténtico fenómeno social que llega al SonRías Baixas 2017 con un nuevo disco bajo el brazo. Opoñerse á extinción es el cuarto álbum de esta cantora bergantiñana, una fuerza de la naturaleza que cuenta con una potente voz y con un estilo inconfundible con los que conquista a una tropa de seguidoras y seguidores que convierten en himnos sus canciones, siempre energéticas y combativas.

SES es puro genio, inconformismo y pasión. Y ahora se atreve, además, a dejarle más espacio a la cantareira que hay en su interior y a introducir nuevas sonoridades. Este verano llenará el escenario del SonRías Bajas con sus canciones de amor y de denuncia y con su honestidad, lucidez y rabia.

Más información: Web | Facebook | Twitter | Instagram | Youtube | Spotify

Formación
Maria Xosé Silvar SES – Voz, guitarra y percusión
Lucía Souto – Coros
Lucía Cela – Coros
Lucía Insua – Coros
Tito Calviño – Guitarra
Fernando Fraga – Bajo
Lorena Cachito Martín – Batería
Benjamín Chicho Cordero – Percusión

Discografía
2011 Admirando a condición
2013 Co xenio destrozado
2015 Tronzar os valos
2016 Opoñerse á extinción

[:]