TODOS TUS MUERTOS
A gran banda do punk-reggae arxentino

Todos Tus Muertos foi, desde o seu nacemento a mediados dos 80, todo un referente do rock latinoamericano. Tres dos seus membros máis emblemáticos -o cuarto faleceu en 2011- reúnense por primeira vez en España 16 anos despois da súa separación para ofrecer un directo absolutamente inclemente, marcado por unha audaz mestura na que teñen cabida o punk, o rap, o metal e ata o hardcore, pero tamén melodiosos fragmentos de rancheiras populares e un particularísimo rock rebelde, preñado de letras insurrectas, no que resoan os ecos de amigos da banda como Manu Chao ou Fermín Muguruza.

O que naceu como unha banda mestiza que conxugaba os gustos musicais dos seus integrantes acabou marcando unha época no rock Latinoamericano. Distanciáronse no 2000, na cúspide do seu éxito, porque cada un dos seus membros quería explorar o seu propio camiño. Volven agora, cun directo que non escatima ningún dos seus temas clásicos. Un concerto imprescindible que fará cantar, saltar e poguear ao público do SonRías na que será a única oportunidade en Galicia de gozar co reencontro dunha das bandas máis icónicas da música latinoamericana.

Máis información: Facebook | Spotify

Formación
Fidel Nadal: Voz
Pablo Molina: Voz
Felix Gutiérrez: Baixo e coros
Germán Álvarez: Teclado e coros
Damián Asunto: Batería
Ricardo Sanguinetti: Guitarra

Discografía
1988 Todos Tus Muertos
1991 Nena de Hiroshima
1994 Dale Aborigen
1995 Argentina te asesina
1996 Suversiones
1998 El camino real
2006 Reunión en vivo
2010 Crisis mundial