[:gl]

WÖYZA
Unha voz que pelexa, con autenticidade e desgarro

Moi vinculada á escena hip hop, pero sempre cun oído posto nos sons clásicos das músicas “negras”, Wöyza ofrece unha proposta musical persoal e contundente, chea de autenticidade e de desgarro, na que teñen cabida a temática social, a autosuperación, a independencia ou a sensualidade. Tamén o amor. “Ningunha outra voz neste país”, di Nach, “nos transporta á esencia do hiphop soul americano con tanta autenticidade. Wöyza posúe unha voz pura, sincera, chea de esencia, que flúe como poucos mc’s poden e canta como poucas divas saben. O mellor de todo é que sente tanto o que fai que en cada ton é capaz de traspasar a túa pel sen deixar ferida”.

Desde os seus comezos en Vigo, co cambio de século, o hábitat natural de Wöyza foi a militancia nas músicas “negras”, axitando constantemente a escena con propostas como a creación do primeiro coro de gospel en Galicia, o V-GO Negro Son Coro. Virou intensamente por España, Portugal e México e teceu alianzas con músicos doutras nacionalidades, como os portugueses Dealema ou Nach, Rapsusklei, Dani Reus, Carlos Nuñez, Bomba Stéreo ou Cristina Pato. O seu primeiro album, PPisando el suelo que ves, era unha ponte entre as distintas influencias da artista -hip hop, soul, funk, gospel, R&B- e as súas inquietudes sociais. E co seu segundo traballo, Pelea, amosa a súa evolución artística e persoal centrándose na autosuperación, a independencia ou a sensualidade. No SonRías Baixas poderemos ver en acción a esta guerreira da música e vibrar coa súa música, sempre inspiradora e diferente.

Máis información: web | Twitter | Facebook | Youtube | Instagram

Formación:
Wöyza: voz
Raquel Labelle: coros
DJ Mil: música

Discografía:
2008. Pisando el suelo que ves
2015. Si/No (Maxi)
2016. Pelea

[:es]

WÖYZA
Una voz que pelea, con autenticidad y desgarro

Muy vinculada a la escena hip hop, pero siempre con un oído puesto en los sonidos clásicos de las músicas “negras”, Wöyza ofrece una propuesta musical personal y contundente, llena de autenticidad y desgarro, en la que tienen cabida la temática social, la autosuperación, la independencia o la sensualidad. También el amor. “Ninguna otra voz en este país”, dice Nach, “nos transporta a la esencia del hiphop soul americano con tanta autenticidad. Wöyza posee una voz pura, sincera, llena de esencia, que fluye como pocos mc’s pueden y canta como pocas divas saben. Lo mejor de todo, es que siente tanto lo que hace, que en cada tono es capaz de traspasar tu piel sin dejar herida.””

Desde sus comienzos en Vigo, con el cambio de siglo, el hábitat natural de Wöyza ha sido la militancia en las músicas “negras”, agitando constantemente la escena con propuestas como la creación del primer coro de gospel en Galicia, el V-GO Negro Son Coro. Ha girado intensamente por España, Portugal y México y ha tejido alianzas con músicos de otras nacionalidades, como los portugueses Dealema, Nach, Rapsusklei, Dani Reus, Carlos Nuñez, Bomba Stéreo o Cristina Pato. Su primer album, Pisando el suelo que ves, era un puente entre las distintas influencias de la artista -hip hop, soul, funk, gospel, R&B- y sus inquietudes sociales. Y con su segundo trabajo, Pelea, muestra su evolución artística y personal centrándose en la autosuperación, la independencia o la sensualidad. En el SonRías Baixas podremos ver en acción a esta guerrera de la música y vibrar con su música, siempre inspiradora y diferente.

Más información: web | Twitter | Facebook | Youtube | Instagram

Formación:
Wöyza: voz
Raquel Labelle: coros
DJ Mil: música

Discografía:
2008. Pisando el suelo que ves
2015. Si/No (Maxi)
2016. Pelea

[:]