LA RAÍZ
Doce anos de “rockstizaxe”, forza, rabia, desenfreno, festa e protesta

Nos volveremos a ver é o irónico nome da xira de despedida de La Raíz, que terá este verán no SonRías Baixas a súa única parada en Galicia. A big band valenciana, considerada a número un da escena mestiza e comprometida do Estado español, chegará a Bueu para facer vibrar a todos os festivaleiros e festivaleiras co seu directo único, vibrante e arrollador, que transcende estilos e etiquetas. Rock, ska, hip hop, ventos, distorsión, letras comprometidas e melodías vocais caracterizan un tremendo e exitoso directo que fará ao público berrar, máis alto ca nunca, o lema da banda: “¡guerra al silencio!”.

La Raíz, tal e como a coñecemos actualmente, nace en 2006 en Gandía (Valencia). Nos últimos doce anos publicaron catro discos de estudio, dous singles e un DVD gravado en directo no Palacio de Vistalegre (Madrid) fronte a máis de 10.000 persoas. E é que, como din eles mesmos, “La Raíz son también los miles de personas que cantan con nosotros en todos los pueblos, ciudades y países que hemos visitado, y en donde hemos conocido a gentes maravillosas“. Sumádevos á historia de La Raíz, acompañádeos na súa despedida e non faltedes á cita!

Máis info: Web | Facebook | Twitter | Youtube | Instagram | Spotify | Itunes

Formación
Cantantes: Pablo, Julio Maloa, Sen-K, Josep “Pancho”
Guitarras: Edu, Jim
Baixo: Adri
Batería: Felipe
Trompeta: Carles
Trombón: Xavi
Dj: Jano

Discografía
Nos Volveremos a Ver – 2CD + DVD en directo (2018)
El Circo de la Pena – Single (2017)
Entre Poetas y Presos (2016)
Así en el Cielo como en la Selva (2013)
El Tren Huracán – Single (2012)
El Lado de los Rebeldes (2011)
Guerra al Silencio (2009)