Select Page

[:gl]

REVOLTA PERMANENT
Rap e electrónica en euskera e en permanente evolución

Revolta Permanent son unha formación atípica, que mestura o hip-hop dos MCs Iker Villa e Iker Aginaga coa música de Aitor Abio (instrumentais e teclados) e Mikel Becerra (guitarras), combinando así a agresividade dun rap combativo con elementos electrónicos e industriais. A maioría do tempo, o resultado leva ao cabeceo frenético, pero non por iso esquecen as melodías, e en ocasións mesmo deixan espazo para a pausa e a reflexión cando é preciso coller aire. Se en disco xa se percibe a potencia dos seus temas, en directo a sensación multiplícase.

Este 2018 a banda vén de presentar “Ultravioleta”, o seu ambicioso terceiro disco, que vai acompañado dun documental e no que cada canción foi producida por un enxeñeiro diferente, incluíndo a Paco Loco (Nacho Vegas, Triángulo de Amor Bizarro, Mikel Erentxun), Manuel Colmenero (Vetusta Morla) ou Marc Parrot (por cuxo estudio pasaron Alicia Keys ou Enrique Bunbury). É a confirmación dunha traxectoria sempre ascendente e en permanente evolución.

Máis info: Bandcamp | Facebook | Twitter | Youtube | Instagram

Formación:
Iker Villa – Voz
Iker Aginaga – Voz
Aitor Abio – Instrumentais e teclados.
Mikel Becerra – Guitarra

Discografía:
Genesis (2014)
Kimera (2016)
Ultravioleta (2018)

[:es]

REVOLTA PERMANENT
Rap y electrónica en euskera y en permanente evolución

Revolta Permanent son una formación atípica, que mezcla el hip-hop de los MCs Iker Villa e Iker Aginaga con la música de Aitor Abio (instrumentales y teclados) y Mikel Becerra (guitarras), combinando así la agresividad de un rap combativo con elementos electrónicos e industriales. La mayoría del tiempo, el resultado lleva al cabeceo frenético, pero no por eso olvidan las melodías, y en ocasiones incluso dejan espacio para la pausa y la reflexión cuando es necesario coger aire. Si en disco ya se percibe la potencia de sus temas, en directo la sensación se multiplica.

Este 2018 la banda acaba de presentar “Ultravioleta”, su ambicioso tercer disco, que va acompañado de un documental y en el que cada canción fue producida por un ingeniero diferente, incluyendo a Paco Loco (Nacho Vegas, Triángulo de Amor Bizarro, Mikel Erentxun), Manuel Colmenero (Vetusta Morla) o Marc Parrot (por cuyo estudio pasaron Alicia Keys o Enrique Bunbury). Es la confirmación de una trayectoria siempre ascendente y en permanente evolución.

Más info: Bandcamp | Facebook | Twitter | Youtube | Instagram

Formación:
Iker Villa – Voz
Iker Aginaga – Voz
Aitor Abio – Instrumentais e teclados.
Mikel Becerra – Guitarra

Discografía:
Genesis (2014)
Kimera (2016)
Ultravioleta (2018)

[:]