TERBUTALINA
A banda terrible do garage punk patrio cambia de rumbo

Os enfants terribles do garage punk galego abren nova etapa este 2018 con A Casa da Tolemia, un novo proxecto e un cambio radical de formación que presentarán no multiusos da Estacada. Os Terbutalina chegan, por fin, ao SonRías Baixas, despois de encher salas e festivais de toda a península: Zaragoza, Tarragona, Madrid, Sevilla, Málaga… de conseguir colgar o cartel de sold out na maioría de salas do país e de conquistar o premio ao Mellor Álbum en Galego de 2014 nos Premios da Música Independente e o premio María Casares 2017 á Mellor Música Orixinal coa súa colaboración coa compañía teatral Chévere na obra Eroski Paraíso.

Desde a súa formación en 2010, a banda de Muros non parou de tocar, de medrar e de divertir a todo o mundo. Pasearon o seu intenso garage-punk por infinidade de festivales e salas do Estado e publicaron varios traballos discográficos. Na primavera de 2017 viu a luz “Ninguén che quere”, o adianto da nova referencia dos de Muros, Sonido Esteiro, un Ep de 7” editado por Folc Records e Triunvirato. Catro cancións nas que se aprecia o son propio ao que chegou a banda nos seus 8 anos de vida, puro “son Esteiro”.

Máis info: Web | Facebook | Twitter | Youtube | Instagram | Bandcamp

Discografía
Sonido Esteiro (2017)
Al otomano se le va la mano (2015)
A muerte (2014)