Ambigüo

A frescura do Indie Pop Rock

Chegan dende o interior da Coruña, como flamantes gañadores do concurso Sonidos Mans, cunha proposta fresca e orixinal, chea de detalles e arranxos con aroma rockeiro e ambición de perfeccionismo sonoro. Os Ambigüo escapan de tormentas de distorsión e efectos para amosar a limpeza e a precisión de cada nota, buscando a beleza serena da ambigüidade. Prometen un directo emocionante e sorprendente.

Gañadores do concurso Estudios Mans

Ambigüo naceu en 2017, cando dous amigos coruñeses se reencontraron por casualidade na Laracha. Un carteiro rural afeccionado á poesía e un músico vocacional, guitarrista dunha chea de bandas como La Torre Blues Band, The Majestics ou Stoner Hill, suman os seus anhelos sonoros e arman un proxecto ao que non tardan en incorporarse Suso ao baixo (Malavida), Dave á guitarra (The Majestics e Stoner Hill) e Sebas á batería (Dude). Axiña chaman a atención do produtor e baterista coruñés José Manuel Martínez García, propietario de estudios Bonham, co que gravaron o seu primeiro EP “AMANITA”, que presentaron a finais de marzo deste 2019.

 

Formación

Pablo Cuadrado – Voz
Fredy Besteiro: Guitarra e voz
Dave Hernandez: Guitarra
Suso Lennon: Baixo e voz

Sebastian Fariña: Bateria

Discografía

2019. Amanita (EP)