Dakidarría

Festa e loita

As cancións de Dakidarría son sempre sorprendentes pola súa capacidade de pasar do ska aos ritmos urbanos ou do reggae ao punk de forma completamente natural. A súa mestura de estilos garante unha descarga de festa nos seus concertos, que non evita que saiamos deles escoitando unha mensaxe rebelde e de loita, que ás veces nos transmite a rabia contra as inxustizas e ás veces o bo rollo máis sincero.

Dende o Val Miñor ao mundo

Nos máis de quince anos de traxectoria de Dakidarría a súa música tenos convertido nun nome esencial da música galega, pero non só iso. Sen abandonar a súa identidade e a súa visión do mundo, estes sete músicos do Val Miñor percorreron xa toda a península, parte de Europa e ata México. E é que ningunha fronteira pode impedir que a xente sinta o subidón de adrenalina que provocan pasando dos ritmos xamaicanos ou latinos a rapear, ou a unha tralla punk que nunca falta. O mesmo levantan un festival que un furancho.

Ata poder velos en directo, o mellor exemplo para saber do que son capaces pode ser o seu último EP, Filosofía incendiaria, no que colaboran La Raíz, outros vellos coñecidos do SonRías. Nel o dominio desa fusión heteroxénea de estilos é maior ca nunca, e nas letras seguen a facernos pensar sobre a realidade e darnos a coñecer reivindicacións. Como eles mesmos din, “Lume!”.

Formación

Simón – Voz e guitarra
Gabri – Voz e guitarra
Xavi – Baixo
Beler – Trombón
Juaki – Voz e trompeta
Anxo – Voz e saxo
Maki – Batería

Discografía
2018. Filosofía incendiaria. EP
2016. De cuncas e de mar
2015. …Utopías emerxentes
2013. 10 anos na rúa
2011. …Utopías emergentes
2010. Realidades alienantes…
2008. El futuro nunca existió
2006. Fragasaurus Rex

Dakidarría na prensa

GZ Música

Rock y Punkto

Comezamos cuspindo rabia e agora estamos tratando de darlle amor, enerxía e alegría á xente que, coma nós, pelexa día a día