Hakuna Tanaka

Unha explosiva combinación de hip hop e reggae

Desde os lugares máis escuros de Babialonia chega Hakuna Tanaka, presentando o seu primeiro traballo, Rap&Riddims, unha explosiva combinación de hip hop e reggae. Unha poderosa voz feminina e feminista que está a causar unha revolución na escena urbana da provincia de Alacante coa súa fusión de hip hop, reggae e unha mensaxe social. Na última tempada actuou xunto a artistas de primeira liña a nivel nacional como SFDK, Juancho Marques, Recycled J, La Furia, Denom ou Alberto Gambino.

100% Urban Attitude

Tanaka comezou desde moi pequena a escribir as súas rimas e a rapear a capella. Máis tarde, coqueteou co break. E agora céntrase no seu proxecto musical, que este verán presentará no SonRías Baixas.

Este 2019 proxéctase como o ano do seu lanzamento a nivel estatal. En agosto Bueu coa súa personalísima proposta, baseada nunhas letras militantes e na fusión de estilos, precisamente o seu principal atractivo e o motivo polo cal reúne a un público tan heteróxeneo nos seus directos.

Formación

Hakuna

Discografía
2019 Rap&Riddims

“Vin a espertar mentes e conciencias, para e por A Revolución”