La M.O.D.A.

A marabillosa orquestra do folk, o blues, o country e o rock

A música da Marabillosa Orquesta Del Alcohol é tan particular, tan especial, que nela teñen cabida todos os estilos e rexistros. Este orixinal septeto burgalés pechou 2018 bailando ao unísono con 12.000 persoas no WiZink de Madrid e empeza 2019 prometendo facer historia do SonRías Baixas co seu directo enerxético e apaixonado, no que non faltarán o blues, o country, o folk, o punk nin o rock and roll.

O público corresponde con paixón unha entrega total sobre o escenario

Festivais, salas, bares e rúas de toda España, de México, de Dublín e de Londres acolleron á Marabillosa Orquesta Del Alcohol na súa frenética carreira cara ao éxito. La M.O.D.A. desprega sobre o escenario un universo único, que con cada nova proposta se volve aínda máis difícil de etiquetar, encaixando sonoridades e instrumentos diversos: clarinete, tuba, vibráfono, saxo barítono, violín trompeta… e, por suposto, todo tipo de guitarras, banjos ou mandolinas, xunto ás percusións tradicionais e contemporáneas.

Recoñecen influencias dispares que van desde The Clash a Springsteen pasando por The Pogues, Dylan, Calexico ou Eskorbuto, Georges Brassens, Silvio Rodriguez ou Mano Negra. Nalgún punto desa frenética carreira, atopan novas influencias na música popular de Francia, de Irlanda e Escocia, do Leste de Europa ou da Península Ibérica, e súmanas á mestura de folk, country, punk e rock and roll da que levan bebendo desde a súa fundación.

E envolven, con todo iso, unhas letras plenas de reivindicación e de inconformismo, co resto e cun mesmo. De rabia e de beleza. De medos, pero tamén de soños e esperanza.

Unha proposta repleta de paixón que converte cada un dos seus concertos nun acto de liberación persoal e colectiva.

Formación

David Ruiz: voz e guitarra
Joselito Maravillas: acordeón e coros
Alvar de Pablo: saxo, clarinete e coros
Caleb Melguizo: batería
Jorge Juan: baixo
Jacobo Naya: teclado, banjo e guitarra
Nacho Mur: guitarra e mandolina

 

Discografía

2018. 7:47 (Ni un minuto más). EP2017 Salvavida (de las balas perdidas)
2016 Todavía no ha salido la luna
2015 La primavera del invierno
2013 ¿Quién nos va a salvar?
2012 The Shape of Folk to Come. Ep
2011 No Easy Road. Ep

 

La M.O.D.A. en la prensa

Mondo Sonoro

Fotoconciertos

“Sentimos que soamos mellor que nunca, que estamos máis acompasados que antes no escenario e que avanzamos musicalmente nas direccións que queremos”