La Pegatina

A festa máis grande, nova e enerxética do ano chega a Bueu

As sorpresas nunca faltan cando entra en escena La Pegatina. Pecharon xira cunha gran festa en Madrid e comezan o ano anunciando diversión e baile ata que o corpo aguante para a súa volta ao escenario do SonRías. Até aí poden ler. O grupo catalán máis internacional non se cansa de repartir tolemia alá por onde pasan, cun directo cuxa marca da casa é espectáculo e adrenalina até a éxtase. E o público de Bueu está ansioso por gozar coa contaxiosa alegría dos seus concertos.

Un directo redondo que engancha ao público de principio a fin

Merengue, reggae, rumba, ska, punk xitano… A esencia de La Pegatina mantense, pero o grupo ábrese a novos horizontes sonoros, sempre alternativos, e xoga co country, co folk, corock, cos ritmos latinos ou africanos, cos aires balcánicos. E este cóctel de modernidade, frescura, improvisación, unido ao seu quince anos ao pé do canón e á experiencia acumulada de máis de mil concertos en trinta países, dan como resultado un baile máis heteroxéneo, unha festa máis completa e global.

Destacan as bases cargadas de texturas, trompetas, coros, programacións. “Unha radiografía moderna”, di Laura Piñero, “vela de lonxe, gústache, pero non logras identificar todos os elementos na súa totalidade. Cando te achegas, recoñeces a esencia de sempre reforzada con novos riffs de guitarras, a mandolina, a trompeta, o acordeón, un amplo abanico de percusións como o xilófono e potentes arranxos de vento”.

Nas súas novas letras, vemos novas inquedanzas existenciais, feridas como o egoísmo nas relacións de parella, desexos de cambio interior, de contemplar a vida desde a tranquilidade, de volver ás orixes. Necesidades vitais compartidas por toda unha xeración, que quere medrar e que medra, pero que non renuncia a facelo bailando.

Formación

Adrià Salas Viñallonga – Voz
Axel Magnani – Trompeta
Ferran Ibañez Guevara – Baixo
Ovidi Diaz Escudero – Percusión
Miguel Angel Garcia Pastor – Trombón
Miquel Florensa Torres – Guitarra
Romain Renard – Acordeón
Ruben Sierra Jimenez – Guitarra
Sergi López Gry – Batería

Discografía
2018 Ahora o Nunca (Warner Music)
2017 La Pegatina en el Laboratorio Sonoro (Warner Music)
2015 Revulsiu, Dro (Warner Music Spain)
2013 Eureka!, Kasba Music
2011 Xapomelön, Kasba Music
2009 Via Mandarina, Kasba Music
2007 Al Carrer!, autoeditado

Ahora o nunca é unha especie de carpe diem, de facer o que che gusta. Falamos de vivir o momento, de cambiarte a ti mesmo para poder cambiar a sociedade”