Ninhodelosrecaos DJ

World Eclectic Beat

Baixo a identidade de Ninhodelosrecaos DJ escóndese Rubén Sierra, creador, cantante e guitarrista de La Pegatina que tralos pratos é o rei do World Eclectic Beat, unha mestura de estilos que abrangue dende o dancehall ao trap, pasando polo mombathon, a salsa, o tropical bass ou o ska. Sierra é un dos Djs residentes das famosas festas Canibal Apolo de Barcelona, onde tamén dirixe e conduce o programa de radio Casa Babylon, que emite a emisora autonómica Icat FM. Ninhodelosrecaos DJ é sinónimo de festa, diversión, sorpresas e enerxía.

Un dj con carácter internacional

O carácter internacional das sesións de Ninhodelosrecaos DJ permitiu que actuase nas salas e festivais máis importantes de todo o mundo por exemplo:

Sala Apolo (Bcn), Sala Salamandra (L’Hospitalet de Llobregat), Sala Dresden (Cerdanyola del Vallès), La Masia (Sant Boi de Llobregat), Sala Caracol (Madrid), Sala Totem (Pamplona), Café Central (Aranda de Duero), The Paper Club (Las Palmas de Gran Canaria), Foro Mundano (Mexico), Café Lavandería (Tokyo), Caligaris Fest (Mexico), Arenal Sound, Cruïlla Bcn, San San Festival, Festival Troula Na banda.

Ninhodelosrecaos DJ é sinónimo de festa, diversión, sorpresas e enerxía!