Nius de nit

Rumba ska alegre e divertida

Un dos grupos emerxentes dentro do panorama musical valenciano, Nius de nit chegará ao SonRías Baixas coas maletas cargadas de ska, rumba, reggae e, sobre todo, de alegría. E é que, sobre o escenario, os seus membros contaxian en cada concerto a felicidade, a enerxía e a festa que caracterizan o grupo, para pasalo xenial co público, bailando e cantando ao ritmo das súas cancións, gozando do espectáculo coa súa mestizaxe mediterránea.

Unha experiencia musical e festiva única

Para o 2018, Nius de Nit preparou un directo que mestura as cancións do seu último disco coas cancións máis coñecidas dos dous traballos anteriores, salpicado de detalles que homenaxean aos grupos líderes na música en valenciano como foron Obrint Pas e A Gossa Sorda, entre outros. Un directo divertido, especialmente traballado e coidado, con moitos detalles e no que hai tempo para botar un baile, cantar algunha canción popular e mesmo xogar. Porque a intención principal do grupo é facer que a xente o pase ben, deixando ao público a sensación de vivir unha experiencia musical xenial, diferente, e de gozar dun concerto que, aínda que talvez non saibas moitas das cancións, podes bailar e cantar como o que máis.

Formación

Carlos Llombar: voz
Vicent Chambó: guitarra e voz
Álex Sabater: batería
Ángel Borras: guitarra
Xavi Monteagud: baixo
Vicente Carbonell: trompeta
Álex Miñano: trombón
Antonio Sabater: saxo

Discografía
Hahatay
Encaixonats
Cavalló Mitger

Nius de nit en prensa

Festibang

Unha viaxe chea de melodías cativadoras con temas que falan da realidade laboral, da nostalxia do pasado ou do amor