Periferia Norte
Dancehall, trap, R&B e ritmos latinos con aroma a parking do arrabalde
A valenciana JazzWoman capitanea o novísimo colectivo de artistas de sensibilidade urbana Periferia Norte, que acaba de ser galardoado como o mellor grupo de música en valenciano no certame Sona la Dipu. O público do SonRías renderase, sen dúbida, á súa particular mestura de estilos -Dancehall, Hip Hop, R & B, Trap, Reggae e Electrónica- amenizada cun enerxético directo no que teñen cabida diferetnes performances, un equipo de baile e animación. Un dos grandes descubrimentos desta edición!

Bases obsesivas sostendo fraseos insidiosos
Aos seus 21 anos, a valenciana Carmen Aguado Bordería (JazzWoman) xa conquistou o público grazas a unha personalidade digna dunha mixtaper de armas tomar. A ex-integrante de Machete en boca ponse agora á fronte da célula creativa composta por Kran F, Hien, Do Olmo e AGS, un comando de regeneradores dos sons urbanos que na súa mestura de trap, dancehall, reggaetón, R&B e electrónica ferrosa, cultivaron unha lexión de fieis saídos dos mesmos garitos nos que botaron os dentes Pedro LaDroga, Cecilio G ou Yung Beef. Bases obsesivas sostendo fraseos insidiosos esquecidos baixo un banco no medio dun parque cheo de chonis condenados ao trapicheo sobre o capó do coche.
Kran F (DJ)
Hien
Del Olmo
AGS
JazzWoman

