Segismundo Toxicómano

Sen parvadas, sen contemplacións

En 2015, Segismundo Toxicómano deron un disgusto a moitos fans anunciando un parón indefinido, pero por sorte dous anos despois estaban xa de volta con máis forza que nunca para celebrar o seu vixésimo aniversario e seguir o seu lema: “Somos los Segis y vamos al puto lío”. Hardcore punk con contundencia e velocidade, sen contemplacións e sen parvadas. Como debe ser.

 

Un imprescindible do punk estatal

A carreira de Segismundo Toxicómano é a dunha banda fiel á súa esencia sen pecharse a engadir máis matices, pasando dun punk rock de corte máis clásico (con influencias como Cicatriz e Cock Sparrer) a achegarse ao hardcore de NOFX ou Rancid e aumentar a potencia. Con todo, a tradición do rock vasco segue viva nesta banda de Gasteiz que defende o “faino ti mesmo” autoeditando os seus traballos e xunta letras claramente políticas con melodías coreables e, claro, tralla.

Nos últimos anos, os Segis foron completando unha serie de EPs recopilados no álbum Trilogía, con cancións que amosan o momento no que se atopan, no que a madurez lles dá sabedoría á hora de compoñer e manteñen a súa lendaria intensidade. Con clásicos como “Por ti” ou “Las drogas”, hoxe son unha das figuras míticas do punk estatal, cun nome que pode figurar ao carón dos de La Polla Records, R.I.P. ou Soziedad Alkoholika.

Formación

Placi – Baixo e voz
Arnaiz – Batería e coros
Gabi – Guitarra e coros
Javi Peke – Guitarra e coros

Discografía

2017. Trilogía
2015. Ahora o nunca… EP
2014. Un poco más!!! EP
2014. …En este infierno. EP
2011. Ke no cunda el pánico
2009. Una bala
2007. Balance de daños
2005. Auschwitz 05
2003. Escapa!
2001. Un, dos, tres, fuego
1999. Mundo tóxico
1998. Segismundo Toxicómano


Segismundo Toxicómano na prensa

Mariskal Rock

Rock Sesión

Comimos merda como os que máis, pero o esforzo mereceu a pena. Sen darnos conta pasamos de ser a eterna promesa do punk a converternos nun fodido clásico”.