Som do galpom

Rap e funky made in Galiza

Som do Galpom é un grupo galego orixinal e heteroxéneo, que mestura funk, rock, rap e reggae nunha proposta musical orgánica, con letras cargadas de mensaxe e de loita social. Este verán traerán a Bueu, directamente dende unha aldea de preto de Compostela, o seu novo e enerxético directo, con temas do que será o seu terceiro disco, Longo camiñar.

Música para combatir contra as inxustizas

Som do Galpom naceu en decembro de 2005, nunha aldea de Ames. Non seus comezos, gañaron unha chea de concursos para bandas, acadando unha certa notoriedade no país coa súa particular mestura de funki, reggae e rap. En dez anos, gravaron dous discos de estudio e percorreron os palcos de media Galicia cunha música orgánica que fuxe de arranxos electrónicos e busca o cambio social.

Despois dun pequeno parón e tras acadar o pasado ano o premio Martín Códax na categoría de hip hop e músicas urbanas, este 2019 os irmáns Bassave e a súa banda volven aos escenarios cun novo repertorio e cun son máis rockeiro, influído sen dúbida pola incorporación do guitarrista Guille Vistoso.

Para o grupo, a enerxía que amosan sobre o palco nace do moito que gozan eles os directos, porque “somos cinco colegas que conectamos moi ben e iso transmítese nos concertos”.

Formación

Gael Bassave (voz)
Brais Bassave (violino)
Guillermo Vistoso (guitarra e teclados)
Iván Bernárdez (baixo)
Pablo Rey (batería)

Discografía
2014 A Galinha de Troia
2009 Em terra de ninguen

Som do Galpom na prensa

Bico da ría

 

B-ritmos

As nosas letras queren poñer voz a todas as persoas que loitan contra un sistema inxusto que trata de silencialas