ZOO

A revolución electrónica que chega dende Valencia

Os valencianos Zoo celebran o seu 5º aniversario este 2019 e queren facelo gozando todos e cada un dos seus directos como se fora o último. Con ese obxectivo chegarán a Bueu o vindeiro mes de agosto, onde revolucionarán o SonRías Baixas coa súa descarga de enerxía non stop: música electrónica que mestura rap con trombóns e guitarras rockeiras, toques mediterráneos e ritmos festivos para bailar ata que o corpo aguante.

Un revulsivo na escena hip hop do Estado

Os Zoo arrasaron en 2014 con Estiu, un hit que fala das inxustizas na vida dos máis humildes, da xente de barrio, no contexto dunha historia de amor de verán. Poucas veces un grupo chama tantísimo a atención con tan só unha canción e un videoclip… e encima en valenciano!

En catro anos, os de Gandía celebraron máis de 200 concertos en máis de 7 países diferentes, publicaron 28 cancións propias, 8 escenas cotidianas e 18 videoclips orixinais. Hai uns días, lanzaron o cuarto e último tema do seu último proxecto discográfico, o EP2k18, e anunciaron que sería o derradeiro. Karrer de L’Amargura (Basque Remix) é unha revisión en clave euskaldún do seu exitoso Carrer de l’amargura, man a man coas percusións e a txalaparta do colectivo de Errenteria Zo-Zongó, a trikitixa de Xabi Arakama e a interpretación libre en euskera de Fermin Muguruza.

Tamén cun coidado formato audiovisual, completan EP2k18 Robot, Omertà e Cançons d’Ofrena, un tema de corte jazz que conta coa participación de JazzWoman, exintegrante de Machete en Boca que acaba de debutar en solitario coa mixtape Bagheera.

Formación

Toni S. Pardines, Panxo – Voz
Arnau Giménez – Guitarra
Marcos Úbeda – Trombón
Natxo Císcar – Bajo
Hèctor Galan – Teclados
Germán Enguix – Trombón

Discografía
2014 Tempestes venen del Sud
2017 Raval
2018 2k18 (EP)

O feliz reencontro co público galego desta banda que supuxo todo un revulsivo na escena hip hop do Estado fará tremer Bueu o vindeiro mes de agosto