ALAMEDADOSOULNA

ALAMEDADOSOULNA

 

Despois de case tres anos de silencio, a banda madrileña Alamedadosoulna volve aos escenarios do mundo -e tamén ao do SonRías- coa súa mestura de ska, jazz, reggae e músicas do Leste a punto para facer bailar o público e cos elementos visuais, imaxinación, humor, elegancia, compenetración e factor sorpresa que o farán sorrir, logrando que esqueza todas as súas preocupacións cotiás. 

ALAMEDADOSOULNA

A VOLTA AOS ESCENARIOS E AO SONRÍAS BAIXAS

Cunha longa carreira enriba e debaixo dos máis grandes, medianos e pequenos escenarios de España, Europa e de parte do mundo enteiro, Alamedadosoulna é unha banda de músicos-comediantes que reinventan cada noite o concepto de actuación musical, arrasan calquera escenario e renovan os seus shows cada ano. Os seus concertos son unha arma de diversión masiva, unha máquina de rebentar zapatos, zapatillas e chanclas, un espectáculo universal.