BALKAN

Paradise ORCHESTRA

 

Vento, percusión, alegría, un espectáculo que desborda enerxía e paixón pola tradición balcánica. Elas son Balkan Paradise Orchestra, once mulleres capaces de transformar este xénero nun auténtico elixir de melodías tradicionais con ritmos de todo o mundo e unha das bandas máis prometedoras do panorama musical da actualidade.

 

BALKAN paradise orchestra

BPO: forza, frescura e improvisación con carácter universal

Cunha sorprendente capacidade para xerar empatía co público, a Balkan Paradise Orchestra leva alegría, festa e ganas de bailar alá onde vai. 

A raíz popular, os diferentes xéneros musicais cos que creceron as súas once compoñentes e o descubrimento de novas músicas e sonoridades disólvense no que é a súa música, unha fusión sincera e orgánica de todo o que queren compartir co público. Tras conseguir tres candidaturas nos prestixiosos premios Enderrock 2018, finalmente lograron gañar co seu primeiro traballo, ‘K’ataka’, o galardón a Mellor Disco de Folk 2018 por votación popular. 

Ansiosos e ansiosas por coñecer o seu novo traballo? Chegarán ao SonRías Baixas con el recén sacado do forno. Para non perder!

Membros da banda

Mila González: trompeta
Alba Careta: trompeta
Berta Gala: trompeta
Eva Garin: clarinete
Laura Lacueva: clarinete
Alba Ramírez: trompa
Maria Cofan: trombón
Olivia Casas: tuba
Maria Puertas: tuba
Eli Fabregas: percusión
Núria Perich: percusión

Discografía

K’ataka (2018)

Membros da banda

Mila González: trompeta
Alba Careta: trompeta
Berta Gala: trompeta
Eva Garin: clarinete
Laura Lacueva: clarinete
Alba Ramírez: trompa
Maria Cofan: trombón
Olivia Casas: tuba
Maria Puertas: tuba
Eli Fabregas: percusión
Núria Perich: percusión

Discografía

K’ataka (2018)