Desakato

Desakato

 

Dende o seu nacemento no 2004, Desakato converteuse nun dos maiores referentes do punk-rock e o hard-core en español. Ao longo destes 15 anos conseguiron que público e crítica acabasen rendidos aos seus pés, innumerables sold outs e tocar en escenarios de festivais coma o Viña Rock, Resurrection Fest, Weekend Beach, Cabo de Plata, Faan Fest, Tsunami Xixón, Juerga’s Rock, Pintor Rock, Shikillo… e, o próximo verán, no 18º Festival SonRías Baixas. 

 

Desakato

UN DOS DIRECTOS MÁIS POTENTES DO ESTADO

Con millóns de reproduccións dos seus videoclips en Youtube e despois de ter sido galardoados co premio ao mellor directo da península ibérica nos ‘Iberian Festival Awards’, a Desakato ten o seu potentísimo e enérxico directo como sinal de identidade.

A banda traerá ata Bueu o seu “Antártida”, un EP conceptual cargado de trallazos sonoros, con letras cun significado máis metafórico que as dos seus anteriores traballos pero con realidades e verdades coma puños. Xa o din eles mesmos “ao final o rock e punk teñen unha obligación moral de ter mensaxe e contido. Podes falar de amor, de amizade, do que ti queiras, pero a loita ten que estar aí. Non se concibe Desakato sen falar de temas sociais”.

«Somos fuego al anochecer, una fuerza desenfrenada. El aullido que no puedes detener esperando la madrugada» (Huellas)

Membros da banda:

Pepo: voz
Pablo: guitarra e voz
Mario: baixo
Gabri: guitarra
Nano: batería

Discografía

Antártida (2018)
La teoría del fuego (2016)
Buen viaje (2014)
Inercia (2012)
Miseria, sangre y plomo (2010)
Con el viento de cara (2008)

Membros da banda:

Pepo: voz
Pablo: guitarra e voz
Mario: baixo
Gabri: guitarra
Nano: batería

Discografía

Antártida (2018)
La teoría del fuego (2016)
Buen viaje (2014)
Inercia (2012)
Miseria, sangre y plomo (2010)
Con el viento de cara (2008)