EL KANKA

EL KANKA

 

Unha particular combinación de estilos e unha certa ironía nas letras son a marca da casa do artista malagueño El Kanka. Un imprescindible dos certames de cantautores que foi medrando grazas ao apoio incondicional do público ata xirar por toda España e encher espazos lendarios de Arxentina, Colombia, México, Uruguay, Perú, Chile, Costa Rica ou Ecuador.

EL KANKA

que para mí es un orgullo ser un payaso

El Kanka non se conforma con manterse dentro dos marcos preestablecidos e, tralo seu paso polo Viña Rock, quere conquistar tamén aos festivaleiros máis esixentes do panorama estatal: os do SonRías Baixas. A Bueu traerá unha proposta musical de fonda influencia latinoamericana, con melodías e estrofas que invitan a saltar e a fuxir do común, cancións sen adornos que ofrecen música coa que gozar e reflexionar sobre o extraordinaria que é a vida, en realidade.