Galician Army

Galician Army

 

O dúo de novísimos DJs e produtores lugueses Galician Army levan algo menos de 4 anos subíndose aos escenarios e xa conseguiron dúas mencións na prestixiosa revista Billboard grazas ás remesturas de temas pop coas que poñen a bailar e a gozar aos públicos máis amplos e diversos.

GALICIAN ARMY

a mellor música que o público pode imaxinar

O seu particular estilo comercial con tintes latinos conta con centos de miles de reproducións nas plataformas dixitais e foi respaldado por varios artistas internacionais. En 2018 lanzaron o seu primeiro single, “Queen”, en colaboración coa vocalista Carla Jam, que acumula miles de escoitas en Spotify. Ao SonRías traerán novos traballos orixinais e mais a súa persoal fórmula para o éxito de calquera festa: a mellor música que o público pode imaxinar.