GarcíA Mc

& NacióN Quilombo

 

Froito de 20 anos como Mc e sendo un referente indiscutible da cultura hip-hop en Galicia, García Mc sorprende agora cun espectáculo innovador á fronte de Nación Quilombo, banda que combina os ritmos do mundo con hip-hop coa palabra como centro.

García Mc & NACIÓN QUILOMBO

a nación quilombo expándese polo mundo

Nación Quilombo é froito de máis de 20 anos de traxectoria musical deste referente indiscutible da cultura hip-hop en Galicia. García Mc foi parte de iniciativas recoñecidas en España como Dios ke te Crew, Labregos do Tempo dos Sputniks ou Ghamberros. Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapeira, é colaborador da Banda Xangai e leva máis de 15 anos exercendo como pedagogo independente impartindo obradoiros e cursos de rap para así crear conciencia e valores entre adolescentes.

Agora sorprende cun espectáculo innovador ao fronte da Nación Quilombo, unha banda que combina ritmos do mundo coa palabra como centro. Nación Quilombo nace para darlle acomodo a un García máis íntimo e persoal aínda que tamén máis bailable e cantable. No Quilombo, nese lugar onde os escravos se reúnen para artellar comunidade, comunicación e trazas de nova vida con ventos de liberdade, esperanza e ilusión. 

Unha nación barco onde navegar en busca dun faro entre Ordes e Cabo Verde, entre Muros e Kourou, entre Nigrán e Brighton Beach, entre Compostela e Puerto Arista integrando diversidade rítmica, orgánica, sónica, métrica e sobre todo moito corazón.

Discografía

GARCÍA Mc & Nación Quilombo
O Espello (Single clip) (2019)
Deitado Frente ó Mar ft. Alejandro Vargas (Video Live) (2019)
É a Partida (Single clip) (2017)

GARCÍA Mc
Somos Unha Mensaxe Ft. Cynthia Montaño, Digo Diego & High Paw (Singleclip) (2018)
20 Anos De Palabra Que Anda (2018)
V Aniversario Abaixo E De Pé – Dj Mil Remixes (2017)
Cleptocracia Ft. GatoPersa (2017)
Abaixo e de Remix (2013)
Abaixo e De Pé (2012)