Jazz Woman

Jazz Woman

 

Do saxo ao rap. Do hip hop ao trap. Do afrotrap á salsa, do merengue á bachata e do valenciano ao castelán e viceversa. JazzWoman situouse na escena musical urbana bailando libre entre diferentes estilos e linguas.

Jazz Woman

Dancehall, trap, R&B e ritmos latinos con aroma a parking do arrabalde

En pleno lanzamento do seu novo disco en solitario, anuncia que volverá ao SonRías Baixas co seu novo proxecto, “Maléfica”, debaixo do brazo. Tras subirse ao escenario con Machete en Boca e coa colectivo Periferia Norte, colaborar con ZOO e compartir o seu primeiro mixtape ‘Bagheera’ (2018), a artista valenciana presenta en marzo o seu novo traballo, convertendo de novo a música nunha revolución onde a súa arma é o seu estilo e a súa denuncia a violencia. Unha alegación explícita e potente que se penetra nese espírito de loita conxunta, de denuncia social e de defensa contra vento e marea do tan necesario empoderamiento da muller. Viaxar libre a través de diferentes xéneros, pero cun único discurso, capaz de remover as conciencias máis inalterables.