MAURINO

MAURINO 

Da mestura de sons tropicais como o hip hop, o latin e o reggae xorde unha combinación única, seductora y fanfarrona, o “Futuro latino” co que Maurino enche os escenarios.

MAURINO

MAURINO: o “FUTURO LATINO”

Fillo de refuxiados chilenos fuxidos da dictadura de Augusto Pinochet, Maurino Alarcón naceu en Ámsterdam, onde medrou alimentado polo activismo político da súa familia e pola liberdade creativa da cidade. Foi membro fundador do coletivo latino de rock TenTemPiés, pero axiña necesitou “redescubrirse” a si mesmo. E o que atopou foi unha fonte inesgotable de creatividade á que lle deu a forma de cancións enchoupadas de enerxía e de paixón, que envolven letras cruas, sen filtro, que falan da verdade da vida. Cancións que anuncian un novo e emocionante capítulo na súa carreira musical e que amosará ao público do SonRías o próximo verán.