OQUES GRASSES

OQUES GRASSES 

Co seu novo disco “Fans del sol”, os cataláns Oques Grasses regresan pola porta grande, converténdonse nun dos grupos máis seguidos e queridos do Estado.

OQUES GRASSES

OQUES GRASSES: “FANS DEL SOL”

A súa proposta revolucionou o son festivo até cambiar a paradigma da produción musical catalá, converténdose en referentes dunha nova etapa. O seu éxito absolutamente transversal converteu as súas cancións en himnos para máis dunha xeración e é por iso que artistas internacionais como Rosalía amosaron a súa admiración pola banda e que os seus videoclips gravados en Hollywood (LA) con David Victori, un dos directores máis importantes de España, acumulan millóns de reproducións. Con máis de 400 concertos nas súas costas por máis de 10 países diferentes, Oques Grasses é un dos grandes nomes deste 2020 e o seu paso polo SonRías vai ser toda unha revolución.