SARA HEBE

SARA HEBE

 

A arxentina Sara Hebe, unha das voces máis salientables do underground latinoamericano actual que volve ao SonRías Baixas coa fórmula coa que conquistou ao público do festival hai un par de anos: rap, cumbia e electrónica adobiados cunha efervescente actitude punk. Feminismo global para un dos concertos que máis dará que falar neste SonRías Baixas 2020.

 

SARA HEBE

UNHA DAS PRINCIPAIS VOCES DO UNDERGROUND  SURAMERICANO DO MOMENTO 

Considerada unha das grandes axitadores da escena hip hop de América do Sur, Sara Hebe é especialista en experimentar con xéneros musicalmente dispares como a cumbia, o punk, o reggae ou a electrónica. Esta arxentina iniciouse no mundo da música de forma autodidacta no 2007 creando melodías e letras sobre ritmos xa compostos e, dende entón, público e crítica caeron rendidos ante o seu traballo. Caracterízana o seu xeito de atacar con urxencia a destreza métrica e o xeito no que aplica na lírica unha forte crítica social crúa, potente e bela a partes iguais.