SKA-P

SKA-P

 

SKA-P traerá -por fin- ao SonRías Baixas toda a enerxía combativa dos barrios obreiros co seu inflamable directo e coas súas cancións, xa convertidas en himnos.

 

SKA-P

SKA-P: POR FIN NO SONRÍAS BAIXAS

Os de Vallecas levan máis dun cuarto de século sobre os escenarios denunciando inxustizas, defendendo a independencia do individuo e avogando polo respecto aos dereitos sociais, á natureza e aos animais. Anarcosindicalistas de Madrid, Navarra e Euskadi con sé en Vallecas, a marca de identidade desta banda sen fronteiras nin bandeiras sempre foi a enerxía radical sobre o escenario e unhas letras rotundas de denuncia do capitalismo, o fascismo, o racismo e o imperialismo. 

Coparon as listas de éxitos de Europa e Latinoamérica con “Cannabis”, un tema que reivindica a legalización da marihuana, e sobre ese superhit souberon construír unha sólida carreira que coroaron co seu noveno álbum, “Game Over”, un artefacto sonoro listo para estoupar sobre os escenarios de medio mundo coa súa mensaxe de loita social.