THE SKARNIVALS

THE SKARNIVALS 

Toda a forza do ska, do punk e do folk nun directo cargado de enerxía e comicidade, con momentos para a reflexión e a crítica. Esta é a marca da casa da banda punk folk galega The Skarnivals, que volven ao SonRías Baixas -un ano máis- coa súa particular mestura de tolemia e diversión que, no musical, se ve reflectida desde o primeiro minuto nuns rápidos ritmos ska combinados cunha potente descarga de distorsión en forma de punk-rock e liñas de ventos que convidan a non parar de moverse en todo momento, sen esquecer o característico e emotivo ambiente folk da gaita.

 

THE SKARNIVALS

The Skarnivals volven ao SonRías “Do revés”

Este verán, The Skarnivals presentan o primeiro tema do seu novo traballo, “Do Revés”, no que critican un sistema en crise pola falta de liberdade de expresión nos artistas, pero que directa ou indirectamente afecta a toda a sociedade.