SRB2013_agoraphobia

A banda de rock Agoraphobia fíxose co premio do xurado no I Concurso SonRías Baixas (#SRB2013), o que lles permitirá ás cinco mozas boirenses que a compoñen actuar no XII Festival SonRías Baixas, que terá lugar os días 2 e 3 de agosto en Bueu, xunto a bandas de referencia como os británicos The Toy Dolls, os italianos Talco, os madrileños Boikot ou Rulo e La Contrabanda. Tamén actuará no SonRías a banda pontevedresa de metalcore melódico Vortex, gañadora do Premio Son Radio Galega. E, en vista da enorme implicación do público, que apoiou esta primeira edición do concurso votando masivamente na páxina do Facebook do Festival, a organización decidiu crear ademais un accésit para a banda máis votada e ofrecerlle ao grupo pontevedrés de rock urbano Qué Desilusión! a oportunidade de actuar na festa de apertura do SonRías, a Troula Benvida, o xoves 1 de agosto no Aturuxo de Bueu e obter un premio en metálico de 300 euros.

O Festival, que é unha cita de referencia a nivel estatal, conquistou o ano pasado a máis de 15.000 persoas coa súa particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado. A organización anuncia que nos próximos días pechará o cartel e subirá o prezo das entradas, que están á venda cun prezo reducido de 19 euros o abono de dous días, coa acampada incluída.

A mestura rock garage e indie das Agoraphobia
Cos seus característicos toques garage e acentos indie sobre unha enerxética base rockeira, as Agoraphobia impuxéronse ás outras bandas finalistas: Qué Desilusión!, Fei, Ke+Da, La4Pared, Malkeda, La Banda de Andrelo, Ítaca Band e Skarallaos, despois de que os valencianos La Raíz quedaran fóra da competición por imcompatibilidade nas datas. Tomou a difícil decisión un xurado composto por Rubén Sierra, líder de La Pegatina; Juan Carlos Cabano Juankar, líder de Boikot; Salva Rodríguez Ronko, director de programación de Radio Vigo (SER); Faber, produtor musical; David, programador do Café Auriense; Víctor Cabaleiro Leiro, responsable da Sala Aturuxo; e Berta Domínguez, representante do SonRías Baixas.

O quinteto boirense naceu hai sete anos, cun nome que homenaxea aos estadounidenses Incubus e unha condición inalienable: que todas as integrantes do grupo foran mulleres. Co tempo, evoluiron dende as versións de clásicos do punk e do rock aos temas propios, gravaron a súa primeira maqueta autoproducida, Mentir y Gobernar, e foron entrando e saíndo ata chegar á formación definitiva: Susana (voz e percusión), Aislinn (guitarra), Sabela (guitarra), Lucía (baixo) e Paula (batería). Os cambios na composición do grupo troixeron aparellados cambios no estilo ata que a banda chegou á mestura de rock, indie e garage que hoxe a caracteriza, con trazos de artistas como Blondie, The Bangles, Jet o Les Plasticines, facilmente apreciables en temas como Lapdog, *#? ou Phrases for pulling. Actualmente, preparan unha xira chamada Show us your boobs, man, nova imaxe corporativa e o seu primeiro vídeo lyric. Hoxe mesmo, martes 28 de maio, ás 17h30 convocaron os seus fans na Praza da Quintana, en Santiago de Compostela, para a gravación dun vídeo.

O metalcore melódico de Vortex
A banda pontevedresa de metalcore melódico Vortex tamén se subirá ao escenario do SonRías Baixas, despois de imporse ao resto dos finalistas do Premio Son Radio Galega: The wayfarers, Arrhythmia, Maskarpone e Skarallaos. Vortex naceu no verán de 2010 da man de catro rapaces moi novos: Jacobo Sainz (guitarra e voz), Marcos Rodríguez (guitarra), Víctor García (baixo e coros) e Jonathan Portela (batería). Comezaron versionando clásicos de Metallica, Bullet For My Valentine, Trivium ou Avenged Sevenfold, pero pronto decidiron centrarse nas súas propias creacións. Actualmente, están preparando o seu primeiro traballo autoeditado e o seu primeiro videoclip. O 15 de xuño actuarán na sala Rouge Sound de Vigo.

O rock urbano de Qué desilusión!
O grupo pontevedrés de rock urbano Qué desilusión! faise co accésit para a banda máis votada polo público, despois de conseguir 665 votos e impoñerse ás máis de 100 bandas que participaron no I Concurso SonRías Baixas. Así, poderán actuar na festa de arranque do Festival, o xoves 1 de agosto, no Aturuxo de Bueu, e recibirán un premio de 300 euros. Qué desilusión! naceu a finais do 2009 da man de Adrián (guitarra e voz), Alberte (baixo e coros), Charlie (guitarra) e Rubén (batería). O seu primeiro traballo, A golpe de alfil, xunta dez cancións letras sinceras que falan da noite, do desamor, da noite e das drogas. Influenciadas por grupos míticos do rock estatal como Barricada, Platero y Tú, Rosendo ou Los Enemigos, as súas composicións transmiten a frescura dos novos tempos sen perder o aroma recoñecible do rock clásico. SRB2013_agoraphobia

La banda de rock Agoraphobia se hizo con el premio del jurado en el I Concurso SonRías Baixas (#SRB2013), lo que les permitirá a las cinco chicas de Boiro (A Coruña) que la componen actuar en el XII Festival SonRías Baixas, que tendrá lugar los días 2 y 3 de agosto en Bueu (Pontevedra), junto a bandas como los británicos The Toy Dolls, los italianos Talco, los madrileños Boikot o Rulo y La Contrabanda. También actuará en el SonRías la banda pontevedresa de metalcore melódico Vortex, ganadora del Premio Son Radio Galega. Y, en vista de la enorme implicación del público, que apoyó esta primera edición del concurso votando masivamente en la página del Facebook del Festival, la organización decidió crear además un accésit para la banda más votada y ofrecerle al grupo pontevedrés de rock urbano Qué Desilusión! la oportunidad de actuar en la fiesta de apertura del SonRías, la Troula Benvida, el jueves 1 de agosto en el Aturuxo de Bueu, y obtener un premio en metálico de 300 euros.

El Festival, que es una cita de referencia, conquistó el año pasado a más de 15.000 personas con su particular mezcla de música, playa y gastronomía en un entorno privilegiado. La organización anuncia que en los próximos días cerrará el cartel y subirá el precio de las entradas, que ahora están a la venta con un precio reducido de 19 euros el abono de dos días, con la acampada incluida.

La mezcla rock garage e indie de las Agoraphobia
Con sus característicos toques garage y acentos indie sobre una energética base rockera, las Agoraphobia se impusieron a las otras bandas finalistas: Qué Desilusión!, Fei, Ke+De la, La4Pared, Malkeda, La Banda de Andrelo, Ítaca Band y Skarallaos, después de que los valencianos La Raíz quedasen fuera de la competición por imcompatibilidad en las fechas. Tomó la difícil decisión un jurado compuesto por Rubén Sierra, líder de La Pegatina; Juan Carlos Cabano Juankar, líder de Boikot; Salva Rodríguez Ronko, director de programación de Radio Vigo (SER); Faber, productor musical; David, programador del Café Auriense; Víctor Cabaleiro Leiro, responsable de la Sala Aturuxo; y Berta Domínguez, del Festival SonRías Baixas.

El quinteto boirense nació hace siete años, con un nombre que homenajea a los estadounidenses Incubus y una condición inalienable: que todas las integrantes del grupo fuesen mujeres. Con el tiempo, evolucionaron desde las versiones de clásicos del punk y del rock a los temas propios, grabaron su primera maqueta autoproducida, Mentir y Gobernar, y fueron entrando y saliendo hasta llegar a la formación definitiva: Susana (voz y percusión), Aislinn (guitarra), Sabela (guitarra), Lucía (bajo) y Paula (batería). Los cambios en la composición del grupo trajeron aparejados cambios en el estilo hasta que la banda llegó a la mezcla de rock, indie y garage que hoy la caracteriza, con trazos de artistas como Blondie, The Bangles, Jet o Les Plasticines, fácilmente apreciables en temas como Lapdog, *#? o Phrases fuere pulling. Actualmente, preparan una gira llamada Show us your boobs, man, nueva imagen corporativa y su primer vídeo lyric. Hoy mismo, martes 28 de mayo, a las 17h30 han convocado sus fans en la Plaza de la Quintana, en Santiago de Compostela, para la grabación de un vídeo.

El metalcore melódico de Vortex
La banda pontevedresa de metalcore melódico Vortex también se subirá al escenario del SonRías Baixas, después de imponerse al resto de los finalistas del Premio Son Radio Gallega: The wayfarers, Arrhythmia, Maskarpone y Skarallaos. Vortex nació el verano de 2010 de la mano de cuatro chavales muy jóvenes, que aún hoy no llegan a los 20 años: Jacobo Sainz (guitarra y voz), Marcos Rodríguez (guitarra), Víctor García (bajo y coros) y Jonathan Portela (batería). Comenzaron versionando clásicos de Metallica, Bullet For My Valentine, Trivium o Avenged Sevenfold, pero pronto decidieron centrarse en sus propias creaciones. Actualmente, están preparando su primer trabajo autoeditado y su primer videoclip. El 15 de junio actuarán en la sala Rouge Sound de Vigo.

El rock urbano de Qué desilusión!
El grupo pontevedrés de rock urbano Qué desilusión! se hace con el accésit para la banda más votada por el público, después de conseguir 665 votos e imponerse a las más de 100 bandas que participaron en el I Concurso SonRías Baixas. Así, podrán actuar en la fiesta de arranque del Festival, el jueves 1 de agosto, en el Aturuxo de Bueu, y recibirán un premio de 300 euros. Qué desilusión! nació la finales del 2009 de la mano de Adrián (guitarra y voz), Alberte (bajo y coros), Charlie (guitarra) y Rubén (batería). Su primer trabajo, A golpe de alfil, junta diez canciones letras sinceras que hablan de la noche, del desamor y de las drogas. Influenciadas por grupos míticos del rock estatal como Barricada, Platero y Tú, Rosendo o Los Enemigos, sus composiciones transmiten la frescura de los nuevos tiempos sin perder el aroma reconocible del rock clásico.